N° de rexistro provincial de Asociacións: 2019/022952-1

N° de rexistro na RUEPPS: E7018

CIF: G27505379

Nº de conta: ES0621004949672200121404

Coñécenos

Coñécenos

A Asociación Guillem Veiga Iglesias é unha entidade prestadora de recursos sociais da provincia de Lugo. Na actualidade a súa principal área de acción é a Mariña Lucense. Traballamos por e para mellorar a calidade de vida da infancia (con ou sen discapacidade) e o benestar das súas familias.

O obxectivo principal é axudar a aquelas familias ás que lles preocupa o desenvolvemento dos seus fillos/as: ben porque cren que están tardando en conseguir os fitos propios das diferentes fases do desenvolvemento, porque detectan outras sinais de alarma ou ben porque non saben si se lles están proporcionando as axudas e apoios necesarios nos diferentes ámbitos da súa vida.

Dende a asociación intentamos poñer ó alcance das familias os mellores recursos para cada situación particular, recursos da nosa comunidade autónoma e exteriores, siempre dando a coñecer en cada caso as medidas que poden tomar, os mellores profesionais aos que acudir en cada ámbito e os servizos existentes para atender ás necesidades dos seus fillos/as.

Enviar Mensaje

Se enviará un email al negocio

Áreas cubiertas

Lugo